INICIA SESIÓN CON TU CUENTA

¿HAS PERDIDO TU CONTRASEÑA?

¿HAS PERDIDO TUS DETALLES?

¡UN MOMENTO, YA ME ACUERDO!

UFEDEGAUFEDEGA

  • UFEDEGA
  • LEI DE TRANSPARENCIA
  • WEBS DE INTERESE
  • UFEDEGA
    • XUNTA DIRECTIVA
    • DOCUMENTACIÓN
      • ESTATUTOS
      • AFILIACIÓN
    • TRANSPARENCIA
      • ACTA ASAMBLEA 2019
      • ACTA ASAMBLEA 2020
  • FEDERACIÓNS
  • SERVIZOS
    • SALA DE VIDEOCONFERENCIAS
    • CLUBER
    • ASESORAMENTO LEGAL DEPORTIVO
    • ASESORAMENTO LEGAL FISCAL
    • COMUNICACIÓN
  • ACTUALIDADE
    • TWITTER
    • FACEBOOK
  • CONVOCATORIAS
  • CONTACTO
INFORMACIÓN COVID
  • Inicio
  • Blog
  • Uncategorized
  • COMUNICADO 07/11/2020

COMUNICADO 07/11/2020

martes, 17 noviembre 2020 / Publicado en Uncategorized

COMUNICADO 07/11/2020

Santiago de Compostela, a 07 de novembro de 2020.

A raíz das diferentes opinións e declaracións por parte de varios responsables locais que están a xurdir no referente ao deporte federado, dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas comunicamos:

  • O noso total apoio a todos os sectores que desgraciadamente están sendo vítimas da crise e restricións provocadas por esta pandemia, en especial á hostalería que tantos éxitos e momentos pasou e de seguro que pronto volverá a pasar ao noso carón: compañeiros/as, estamos con vós. O deporte galego federado, estivo oito meses inmerso nunha situación similar á que desgraciadamente vos toca vivir agora, e moitos dos nosos que non son federados aínda están a aguantar estoicamente, con ilusión, con escasos recursos, sen apenas axuda e con grandes trabas moitas veces incoherentes e inxustificadas.
  • O deporte galego, estivo oito meses na UCI, e aínda nos atopamos en observación á espera dun remedio que nos axude a non retroceder na nosa evolución; oito meses de duro traballo para estudar, contrastar, concluír e adoptar medidas que nos garantan minimizar os riscos ante un inimigo que non entende de sectores, de ámbitos e moito menos de cores políticas. Non imos mentir, tivemos momentos de soidade, momentos nos que para moitos de nós o ERTE ou a vídeo-consola non eran unha posibilidade, pensamos que todos aqueles que gozaban con nós e promulgaban os beneficios e os valores do deporte cando todo ía ben, xa non se lembraban da importancia do noso sector. O deporte non tira a toalla, acadamos dar un paso máis e con moitas trabas, recuperar a nosa actividade, algúns antes, outros despois, e moitos aínda seguen a intentalo, pero todos coa ilusión de seguir dando un servicio esencial á sociedade, un servizo do que tanto temos presumido e co que tantas fotos temos sacado. Somos parte da solución á irresponsabilidade social, á prevención e ao control na propagación deste virus, pero estásenos a resistir a incongruencia política e a demagoxia que utiliza o pánico coma principal pilar para fomentar dun xeito pouco sutil unhas siglas políticas.
  • Compañeiros/as de outros sectores, que ninguén trate de enfrontarnos para distraer a atención sobre a pasividade na adopción de medidas e inversión para facer fronte a esta crise; que ninguén trate de politizar as nosas actividades cando entre todos lle estamos a garantir unha comodidade e benestar social que desgraciadamente non vai acorde ao peche e loita dos vosos negocios e das nosas actividades; que non traten de convencernos de que a solución é parar e non adaptarse, que non nos veñan con contos porque nós cremos na seguridade da hostalaría, na seguridade dos transportes, na seguridade das escolas, na seguridade de toda aquela actividade que non escatime en tempo e traballo para frear esta pandemia e sacar á sociedade adiante. O deporte galego é deporte seguro, e os traballadores/as galegos non escatiman en esforzos, que aos que lles toca, tampouco o fagan en medios de prevención.

Si a situación social, económica e sanitaria xa é preocupante de por si, sumásenos a crise política, nesta situación límite, en moitos casos, as nosas carencias están a relucir máis ca

  • Pedimos a estes estamentos que se convertan no exemplo a seguir, e sexan os principais promotores de que as medidas se cumpran, non queremos que sexan eles mesmos os primeiros en poñelas en dúbida. Pedimos tamén que non se adoiten medidas más restritivas sen un criterio científico nin sanitario, tan só baixo unha posición de medo e pasividade; por certo, o medo e o pánico transmítense, fraco favor facemos intentando camuflalo coma unha medida de protección…; máis concienciación, máis información, máis diálogo e menos alarmismo.
  • As medidas son claras, podemos optar por confiar ou que cada quen siga a facer a guerra pola súa conta; pero xa temos demostrado que así os resultados son canto menos cuestionables. Animamos á sociedade a respectar as medidas indicadas polas autoridades sanitarias, entre outras cousas porque somos unha das comunidades mellor situadas ante esta ameaza, ó importante é que sabemos que hai moito que mellorar e estamos dispostos a facelo, non queremos protagonistas innecesarios nin debates mediáticos, vamos a apoiarnos e a sumar entre todos/as para que os nosos compañeiros/as en cuestión de días poidan empurrar e remar con nós, porque queremos ir a tomar a consumición ou encargar os bocadillos ao bar de sempre, porque queremos desprazarnos nos bus e poder mercar as nosas camisolas novas para xogar, porque cremos no que facemos.

Non sería xusto rematar este comunicado sen recordar que o deporte:

  • É unha actividade que forma parte do sector económico, crea un gran número de postos de traballo directos e indirectos.
  • É unha actividade que complementa a formación académica e familiar que reciben os nosos pequenos/as.
  • É unha actividade que promove valores esenciais para a nosa sociedade.
  • É unha actividade controlada e baixo a tutela de protocolos contrastados e aprobados polas esixentes autoridades sanitarias.
  • É unha actividade que ademais de fortalecer o noso sistema inmunolóxico e psicolóxico, serve coma medio de evasión para desconectar das desgrazas que tristemente nos está a tocar presenciar.
  • É unha actividade esencial para evitar o sedentarismo e as enfermidades derivadas do mesmo.
  • E o máis importante, NON É POLÍTICA.

Ánimo compañeiros/as, xuntos sairemos desta.

O deporte galego non regatea en esforzos, solicitamos que ninguén o faga en medidas.

#DeporteSeguro #SomosSolución #Fortecodeporte

  • Tweet

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Archivos

Tweets by UFEDEGA_

Posts recientes

  • A UFEDEGA E A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE FACILITAN A TODAS AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS UNHA APLICACIÓN DIXITAL PARA XESTIONAR OS CONTROIS DE AFORO E ACCESOS ÓS RECINTOS DEPORTIVOS.

    Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020 ...
  • ACTA ASEMBLEA XERAL 02/11/2020

    Enlace á acta da Asemblea Xeral da UFEDEGA real...
  • PROGRAMA DE FORMACIÓN EN “MÁRKETING DIXITAL E DIFUSIÓN DE EVENTOS”

    A UFEDEGA e a Secretaría Xeral para o Deporte p...
  • CONVOCATORIA ASEMBLEAS XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DA UNIÓN DE FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS (UFEDEGA) 2020

    En cumprimento do que indica o artigo 13 e dema...
  • POR E PARA O DEPORTE GALEGO

    A campaña en Redes Sociais #ForteCoDeporte quer...

Comentarios recientes

    Archivos

    • diciembre 2020
    • noviembre 2020
    • octubre 2020
    • septiembre 2020
    • agosto 2020
    • junio 2020
    • mayo 2020
    • abril 2020
    • marzo 2020
    • febrero 2020
    • enero 2020
    • diciembre 2019
    • noviembre 2019
    • octubre 2019
    • julio 2019
    • junio 2019
    • mayo 2019
    • abril 2019
    • marzo 2019
    • febrero 2019
    • enero 2019
    • diciembre 2018
    • noviembre 2018
    • octubre 2018
    • agosto 2018
    • junio 2018
    • mayo 2018
    • abril 2018
    • febrero 2018
    • enero 2018
    • diciembre 2017
    • noviembre 2017
    • octubre 2017
    • julio 2017
    • mayo 2017
    • febrero 2017

    Categorías

    • Apps
    • Creative
    • Graphic Design
    • Portada
    • Seo
    • Uncategorized
    • WordPress

    Meta

    • Acceder
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.org

    SECCIONES

    • UFEDEGA
    • FEDERACIÓNS
    • SERVIZOS
    • ACTUALIDADE
    • CONVOCATORIAS
    • CONTACTO

    ¡Síguenos en las redes sociales!

    Copyright © 2019 . Todos los derechos reservados.
    Desarrollado por TOOOLS.

    CONTACTO

    UFEDEGA - Unión de Federacións Deportivas Galegas

    Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro

    Porta 4, 15703 Santiago de Compostela, C

    EMAIL
    ufedega@gmail.com

    TELÉFONO
    680 88 43 78

    SECCIONES

    • UFEDEGA
    • FEDERACIÓNS
    • SERVIZOS
    • ACTUALIDADE
    • CONVOCATORIAS
    • CONTACTO

    CONTACTO

    DIRECCIÓN
    Calle Benidorn, Nº 5
    41001 (Sevilla)

    EMAIL
    sevilla@fandaluzabm.org

    TELÉFONO
    Tel: 954 22 40 01

    ¡Síguenos en las redes sociales!

    SUBIR
    Utilizamos cookies propias y de terceros para personalizar el contenido de la web, proporcionarles funcionalidades a las redes sociales y para analizar el tráfico de nuestra web. Puede aceptar el uso de esta tecnología o administrar su configuración y poder rechazarla, y así controlar completamente qué información se recopila y gestiona a través de los botones habilitados al efecto.

    Al clicar en "Sí, Acepto", ACEPTA SU USO, si bien podrá retirar su consentimiento en cualquier momento. También puede RECHAZAR la instalación de cookies clicando en “No Acepto" o CONFIGURAR la instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.

    Para obtener más información sobre nuestras políticas de datos, visite nuestra Política de privacidad. Para obtener más información al respecto, puedes consultar nuestra Política de Cookies.

    Configurar CookiesNo aceptoSí, Acepto
    Ajustes de privacidad

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necesarias
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    No necesarias

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.