A Casa do Deporte de Vigo acolleu a xornada sobre “Aspectos legais de Clubs e Federacións”

Dous relatores especializados pertencentes a un dos despachos de avogados máis prestixioso de Galicia, Garrigues, foron os os encargados de impartir a xornada.

A UFEDEGA  puxo en marcha, e con éxito e afluencia, unha interesante xornada de formación en aspectos legais, dos clubs e federacións deportivas. A Xunta Directiva da UFEDEGA da así resposta a unha demanda dos dirixentes das federacións e clubs, que piden información especializada para poder formarse nun tema de tanta importancia no día a día dunha entidade.

Por iso, a UFEDEGA volveu á carga e este xoves organizou un simposio titulado «Aspectos legais do deporte”. Unha actividade organizada pola institución que preside Rafael Louzán, con dous relatores especializados pertencentes a un dos despachos de avogados máis prestixioso de Galicia, Garrigues.

A primeira tivo lugar o once de novembro en Santiago de Compostela e hoxe levouse a cabo a segunda sesión de este ciclo de formación en aspectos legais deportivos.

Os relatores destas xornadas foron Francisco Soto Balirac e Borja Ríos González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *