A secretaría xeral para o Deporte reúnese cos representantes das 58 federacións deportivas de Galicia para explicar as principais liñas de colaboración neste exercicio 2019

O secretario xeral para o Deporte, presidiu a quinta reunión do Foro de Deporte Federado ‘Optimizando sinerxías’ onde se compartiron posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado, así como as propostas presentadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, coa fin de aproximar obxectivos dun xeito harmónico e responsable.

Nesta quinta reunión os temas de meirande importancia debatidos foron os convenios de colaboración para realizar na súa integridade a totalidade das actuacións, actividades, funcións e tarefas que, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade. A previsión é que a principios do mes de maio se poidan asinar estes convenios.

Na xuntanza, que tivo lugar no Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública, tamén se trataron asuntos relativos a novas liñas de colaboración como as de patrocinios e eventos federativos ou a adquisición de equipamento para esta tempada 2018-2019. Así tamén a reunión serviu para apuntar as novidades das liñas de colaboracións cos clubs deportivos de Galicia: Plan de Patrocinios de Alta Competición ou bolsas a deportistas, tanto no Centro Galego de Tecnificación Deportiva como as bolsas outorgadas pola Fundación Deporte Galego aos Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN).

Asemade, na xuntanza acordouse a creación de grupos de traballo para que nos seguintes encontros se poidan abordar temas como os criterios a seguir para a inclusión dos bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *