“A UFEDEGA asesora as Federacións Deportivas Galegas, sobre a aprobación de contas nas asembleas federativas”

Rafael Alonso, prestixioso experto en dereito deportivo informou a máis de 20 federacións deportivas galegas, das posibilidades que teñen para a celebración das asembleas federativas.

 

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

A Unión de Federacións Deportivas Galegas coa colaboración de Rafael Alonso, experto en dereito deportivo, impartiu esta mañá, unha xornada de asesoramento sobre a aprobación de contas nas asembleas das federacións deportivas galegas. Nesta xornada participaron os presidentes e secretarios xerais de máis de 20 federacións deportivas Galegas.

A aprobación de contas nas asembleas federativas é un tema de vital importancia para as Federacións nestes momentos, xa que tras o estado de alarma sanitaria a causa do COVID19 saíron diferentes instrucións ao respecto que creaban algunha confusión.

Abriu a xornada Rafael Louzán, presidente da UFEDEGA, incidindo na importancia de estar cerca das Federacións nestes momentos e ofrecendo a axuda da UFEDEGA a todas as entidades que o necesiten.

Rafael Alonso dividiu a súa conferencia en dous bloques, ¿Cando convocar a asemblea? e ¿Onde? No primeiro bloque facía referencia as datas para a celebracións das asembleas e no segundo bloque a forma de celebralas, de forma presencial ou utilizando as posibilidades que nos permiten as novas tecnoloxías.

Finalizou a xornada cunha rolda de preguntas na que Rafael Alonso respondeu a todas as cuestións expostas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *