A UFEDEGA ASINA POR PRIMEIRA VEZ UN CONVENIO DE FORMACIÓN COA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, EN BENEFICIO DE TODAS AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS

O presidente da UFEDEGA, Rafael Louzán, tamén mantén aberta unha liña de negociación coa SXD para valorar os criterios de reparto económico dos convenios coas distintas federacións

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

A Xunta Directiva da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela para tratar diversos temas de actualidade e de funcionamento interno da asociación. O presidente, Rafael Louzán Abal, informou dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte que xa está pechado e que conleva a posta en marcha dunha campaña de formación e asesoramento para as federacións deportivas e os clubs galegos. As actividades formativas que a UFEDEGA porá en marcha son as seguintes, formación sobre aspectos legais (fiscais e laborais) e asesoramento ás federacións deportivas galegas sobre aspectos relacionados coas funcións públicas que teñen delegadas. Formación sobre prevención de lesións e formación sobre Redes Sociais: Facebook, Twitter e Instagram, dirixida a clubs e deportistas federados.

Esta é a primeira vez na historia que a UFEDEGA asina un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, un convenio que, ademais, conleva un importante acordo económico que permitirá a posta en marcha accións en beneficio de todas as federacións galegas. Así o anunciou esta mañá o presidente aos demais membros desta renovada xunta directiva.

Ao mesmo tempo está traballando este equipo directivo na posta en marcha dunha mesa de negociación coa propia Secretaría Xeral co fin de dar solución a un dos asuntos que preocupan desde hai moito tempo a todas as federacións. Do que se trata é de analizar, valorar e concretar os criterios de reparto económico dos distintos convenios que a Secretaría asina coas federacións deportivas galegas. Uns criterios acordados por consenso nesa mesa de negociación que nunca se chegou a levar a cabo e que agora está moi preto de ser creada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *