A UFEDEGA e a Secretaría Xeral para o Deporte traballan na mellora do deporte federado

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo no día de hoxe unha xuntanza de traballo coa Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) para continuar optimizando sinerxías e traballando en prol do deporte federado na procura do beneficio de todos os cidadáns e cidadás.

Entre outros tratáronse temas como os criterios para a asignación das contías dos convenios de colaboración para o exercicio 2020 ou o estudio económico das Funcións Públicas Delegadas.

Por parte da Ufedega, asistiron: Rafael Louzán Abal, Bruno López Molina, Francisco Martín Mico, Javier Nogueira Diz, Juan Carlos Muñiz Nieto, Mario Muzas Cobo, Juan Carlos Eiriz López, Jose Ángel Luna Bargo e Susana Fernández Fiuza.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *