A Xunta entregará o vindeiro 13 de novembro as distincións o mérito deportivo

O vindeiro 13 de novembro a Xunta de Galicia fará entrega das 26 distincións o mérito deportivo, no auditorio ABANCA de Santiago de Compostela

As distincións foron creadas mediante a resolución do 28 de outubro de 2010 e son concedidas en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Os 26 premiados nesta edición son:

– Alberto Torreiro Santiso (atletismo)

– Alfonso Pazos Martínez (baloncesto)

– Cesáreo Rivera Pérez (fútbol)

– Conrado Durantez Corral (directivo COE)

– Evaristo Portela Acuña (ciclismo)

– Francisco ‘Pucho’ Boedo Vázquez (judo)

– Guillermo González López (fútbol sala)

– Ismael Fabián Santos Rodríguez (baloncesto)

– Javier Álvarez Salgado (atletismo)

– Jesús Iglesias Rodríguez (tenis)

– José Ángel ‘Pepe’ Casal Fernández (baloncesto)

– José Fernández Alborés (tenis de mesa)

– José García Cabreros (fútbol e hóckey patíns)

– José Teixeira Alonso (atletismo)

– Juan Carlos Conde Silva (kick boxing)

– Julia Estévez Mengotti (mestra Educación Física)

– Luis Nogueira Fernández (atletismo)

– Manuel Losada Zon (xornalista deportivo)

– Mauricio Monteserín Gómez (remo)

– Natividad Astray Goicoechea (atletismo)

– Nieves Gamallo Adrio (balonmán)

– Pablo Rodríguez Vázquez (ciclismo)

– Paulino Martínez Otero (balonmán)

– Teresa Martínez Cancelo (hóckey patíns)

– Victorio Alonso Martínez (baloncesto)

– Colexio Manuel Peleteiro

Dende a UFEDEGA queremos felicitar a todolos/as galardoados/as pola súa traxectoria deportiva

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *