Acordo de colaboración entre a SXD e a AGASP para o uso das instalacións polas Federacións Deportivas Galegas

O pasado venres 25 de maio de 2018, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Academia Galega de Seguridade Pública (no sucesivo, AGASP) asinaron un acordo de colaboración para poñer a disposición das federacións deportivas galegas as instalacións da AGASP para levar a cabo as concentracións das seleccións galegas deportivas ou para facer labores de tecnificación e seguimento de deportistas de categorías base ou de formación.

Circular acordo AGASP

Novo prazo (xuño) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN).

O pasado mércores 23 de maio de 2018 foi publicada no Diario oficial de Galicia, DOG, a Resolución do 14 de maio de 2018, da Secretaría xeral para o Deporte, pola que se aproba o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel. As solicitudes presentarse preferentemente de forma telemática cubrindo o anexo I de solicitude e achegando o anexo II, certificado da federación.

Información procedemento DGAN a Federacións

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *