BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL ‘AXUDAS DGAN 2019’

Tendo en conta que o presente ano 2019 é o previo aos Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Tokyo 2020, a Fundación Deporte Galego pon en marcha un plan de axudas aos deportistas galegos/as que están a competir no máis alto nivel deportivo de ámbito estatal, europeo e mundial, entre os que se atopan aqueles/as con opcións de acudir aos devanditos XXOO/XXPP.

Tamén está orientada ao resto de deportistas galegos/as de alto nivel (DGAN) que, pese a non competir en probas olímpicas, sí participan en competicións estatais e internacionais de alto nivel, tal e como ven concedendo a Fundación no seu obxecto de promoción do deporte de alto nivel da Comunidade Autónoma. Pensando en mellorar a axilidade do procedemento e en simplificar os trámites á persoa deportista solicitante, nesta edición presentamos dúas novidades substanciais: por unha banda a persoa deportista solicitante poderá presentar a súa solicitude telemáticamente, como xa se innovou nas últimas convocatorias, pero tamén se o desexa, poderá seguir facéndoo de forma presencial en calquera rexistro oficial das administracións públicas, previsto aos efectos.bases_axudas_dgan_2019_0

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *