Entra en vigor a Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe

O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se regula a composición e
funcionamento da Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe tras o aval do Consello Consultivo.
O título VIII da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, regula a actuación autonómica en materia de prevención e loita contra a dopaxe no deporte e a Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe, configurándoa como un órgano administrativo, adscrito ao órgano autonómico competente na materia deportiva, ao cal se lle atribúen as competencias en materia de defensa da saúde do deportista e de
prevención e control da dopaxe no ámbito da Comunidade Autónoma.

COMISIÓN GALEGA DE PREVENCIÓN E REPRESIÓN DA DOPAXE

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *