ESTATUTOS

Artigo 1.- Denominación.


Coa denominación de Asociación UNION DE FEDERACIONS DEPORTIVAS
GALEGAS (UFEDEGA), constitúese unha entidade sen animo de lucro, de carácter
privado e de duración ilimitada, ó amparo do artigo 22 da Constitución Española e a Lei
Orgánica 1/2002, do 22 de Marzo, reguladora do dereito de asociación.
A Asociación foi obxecto de recoñecemento expreso pola Disposición Adicional Cuarta
da Lei 3/2012 do Deporte de Galicia para recoller o seu acceso ó Rexistro de Entidades
Deportivas e réxese polo artigo 60 da citada Lei, a lexislación de asociacións e polas
normas concordantes que en cada momento lle sexan de aplicación.


Artigo 2.- Fins.


A Asociación terá como fins:
1) Promover, defender e representar o deporte federado galego.
2) Defender os intereses comúns das Federacións Deportivas Galegas asociadas.
3) Establecer as estruturas administrativas ou de asistencia técnica as Federacións
Deportivas de Galicia, e exercer de canle entre elas.
4) Asesorar e colaborar coas institucións públicas e privadas de todo tipo, no referente
o deporte federado galego en xeral, e o seu desenvolvemento e mellora.
5) Fomentar o deporte, como un medio básico, para o desenvolvemento integral do
individuo.
6) Divulgar unha conducta ética deportiva.
7) Apoiar e promover as seleccións galegas nas competicións estatais e internacionais.
8) Propoñer cantas iniciativas sexan necesarias para unha mellor política deportiva
galega.
9) Calquera outro fin de acordo cos presentes estatutos e normas vixentes, con
respecto as funcións e competencias propias das Federacións asociadas.


Artigo 3.- Actividades.


Para o cumprimento destes fins, a asociación poderá realizar as seguintes actividades:
1) Asesoramento as Federacións Deportivas Galegas.
2) Colaboración coas distintas administracións públicas competentes en materia
deportiva.
3) Xuntanzas, cursos, simposios, faros, debates e encontros en relación co deporte.
4) Eventos lúdicos, festivos e deportivos.
5) Campañas de promoción e difusión do deporte.
6) Negociacións e reclamacións amistosas ou contenciosas.
7) Convocar e organizar a Gala, en recoñecemento aos deportistas, técnicos,
directivos, xuíces e árbitros, así como a entidades deportivas e institucións
destacadas.
8) Cantas outras acorden os órganos de goberno en cada intre para lograr os fins do
artigo anterior.
En ningún caso a UFEDEGA, asumira as funcións ou actividades que sexan de
competencia propia de cada Federación asociada.


Artigo 4.- Domicilio e Ámbito.


A Asociación establece o seu domicilio social en Santiago de Compostela, no Estadio
Multiusos de San Lázaro s/n, e o seu termino de actuación comprende o territorio
da Comunidade Autónoma de Galicia.
O domicilio social poderá mudarse dentro de Santiago de Compostela por acordo da
Xunta Directiva da UFEDEGA. Para poder trasladar o domicilio a outra cidade dentro da
Comunidade Autónoma de Galicia, será preciso acordo da Asemblea Xeral
Extraordinaria, alcanzado por maioría simple dos seus asistentes.

Artigo 5.- Requisitos para asociarse.


Poderán pertencer a Asociación aquelas Federacións Deportivas Galegas, debidamente
inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia, con capacidade de
obrar, non suxeitas a condicións legais que o impidan e que teñan interese no
desenvolvemento dos fins da Asociación.
As Federacións vencelladas estarán representadas polo seu Presidente ou pola persoa
designada expresamente polo órgano competente. O Presidente ou o representante
designado exercera os dereitos e obrigas da Federación como asociado.


Artigo 6.- Integración na asociación.


As Federacións deportivas galegas que desexen ser membros da UFEDEGA, deberan
aprobalo no seu Órgano competente, e solicitar formalmente a súa admisión, de
conformidade cos requisitos e procedementos establecidos nos presentes Estatutos.
Non se poderá denegar a admisión a unha Federación Deportiva Galega que cumpra
os requisitos. As Federacións Deportivas Galegas que desexen a súa incorporación
a UFEDEGA despois do acto constitucional, deberan dirixir o Presidente da mesma un
escrito de solicitude e a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos. A
Xunta Directiva resolverá sobre a admisión ou inadmisión


Artigo 7.- Causas de perda da condición de asociado.


Perderase a condición de asociado por algunha das causas seguintes:
a) Por renuncia voluntaria, comunicada por escrito a Xunta Directiva.
b) Por falla de pago das cotas periódicas.
c) Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen
gravemente os intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con
audiencia da Federación interesada.
d) Por extinción da personalidade xurídica da Federación asociada ou perda do seu
recoñecemento legal.
A expulsión de asociados nos supostos dos apartados b) e c) do paragrafo anterior, será
acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión
debera ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución
poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.


Artigo 8.- Dereitos dos asociados.
Os asociados teñen os seguintes dereitos:


1. Participar nas actividades da Asociación e nos órganos de goberno e representación.
2. Exercer o dereito de voto, así como asistir a Asemblea xeral, de acordo cos
estatutos.
3. Ser informados da composición dos órganos de goberno e representación da
asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
4. Ser oídos con carácter previo a adopción de medidas disciplinarias contra eles e ser
informados dos feitos que dan lugar as ditas medidas, debendo motivarse o acordo
que, no seu caso, impoña a sanción.
5. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei ou os
estatutos.
6. Facer suxestións os membros da Xunta Directiva en orde o mellor cumprimento
dos fins da Asociación.


Artigo 9.- Obrigas dos asociados.
Son obrigas dos asociados:


1. Compartir as finalidades da asociación e colaborar activamente para a súa
consecución.
2. Pagar as cotas que se establezan.
3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.
4. Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno a
representación da asociación.
5. Acatar o contido dos estatutos.
6. Ter unha boa conducta individual e cívica.

Artigo 10.- Órganos de goberno e representación da Asociación.

Os órganos de goberno e representación da Asociación son, respectivamente, a Asemblea
Xeral, a Xunta Directiva e o Presidente.

Artigo 11. A Asemblea Xeral.

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará formada por tóda las Federacións Deportivas Galegas asociadas. O presidente e o secretario da Asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.

Artigo 12.- Reunións.

As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez o ano dentro do primeiro semestre e as extraordinarias cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 25 por cento dos socios. Neste ultimo caso realizarase
por media dun escrito dirixido o presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no
que se expoña o motive da convocatoria e a orde do dia.
As reunións da asemblea poderán celebrarse por videoconferencia múltiple sempre que todas as persoas que tivesen dereito de asistencia ou quen os represente dispoñan dos medios necesarios, o secretario da Asociación recoñeza a súa identidade, e así o exprese
na acta, que remitirá a continuación ás direccións de correo electrónico dos asistentes.

Artigo 13.- Convocatorias.

As convocatorias das Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria, faranse por escrito, expresando o lugar, dia e hora da reunión, así como a orde do dia, convocadas con 10 días de antelación polo Presidente. A notificación farase no domicilio dos asociados ou
no enderezo electrónico facilitado por cada asociado. Poderá facerse constar unha segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un tempo inferior a trinta minutos.
Tamén quedará validamente constituída a Asemblea Xeral, sen previa convocatoria, cando esteen presentes tódolos membros e decidan constituírse en Asemblea.

Artigo 14.- Quórum de validez de constitución.

As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas cando concorran a elas, o menos a metade dos asociados con dereito a voto
na primeira convocatoria; en segunda convocatoria quedara validamente constituída cos asociados que estiveran presentes ou representados.
Os representantes dos membros da Asemblea poderán conferir a súa representación a outra persoa autorizada membro da súa federación mediante escrito acompañado de fotocopia do DNI do representante ordinario.

Artigo 15. Acordos.

Cada un dos membros da Asemblea Xeral terá un único voto, non admitíndose en ningún
case a delegación de voto, nin o voto por correo.
Os acordos tomaranse por maioría simple de votos dos presentes, salvo nos supostos de modificación dos estatutos, disolución da asociación, disposición ou enaxenación de bens ou remuneración dos membros da Xunta Directiva, nos que será necesaria unha maioría de 2/3 de votos dos presentes, decidindo no caso de empate o voto de calidade do Presidente, ou de quen faga as veces. A continuación levaranse os acordos libro de actas e asinarao o secretario co vista bo do presidente da Asemblea. A acta debera ser lida na seguinte sesión celebrada polo Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigaran a tódolos asociados, incluso ós non asistentes.

Artigo 16.- Facultades da Asemblea Xeral Ordinaria.

Son competencia da Asemblea Xeral Ordinaria:
a) Elección do Presidente.
b) Elixir e cesar os integrantes da Xunta Directiva.
a) Examinar e aprobar os orzamentos anuais e as contas.
b) Aprobar, no seu caso a xestión da Xunta Directiva.
c) Fixar as cotas ordinarias o extraordinarias.

Artigo 17.- Facultades de la Asemblea Xeral Extraordinaria.

Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
a) Elección do Presidente
b) Elixir e cesar os integrantes da Xunta Directiva.
c) Aprobar as modificacións dos estatutos da Asociación.
d) Aprobar a integración noutras entidades.
e) Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
f) Acordar a disolución da asociación.
g) Designar os/as liquidadores/as.
h) Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
i) Solicitar a declaración de utilidade publica da asociación.
a) Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.
b) Aprobación de moción de censura ó Presidente e a Xunta Directiva.
c) As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatoria, sen grave prexuízo pare a asociación.
d) Tódalas non conferidas expresamente 6 Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.

Artigo 18.- O Presidente.

O Presidente da asociación será designado pole Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durara catro anos, é o órgano de goberno e representante da Asociación. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de ausencia ou enfermidade.
0 presidente terá as seguintes atribucións:
a) Representar legalmente a asociación perante calquera organismo público ou privado.
b) Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e doutra, a decidir con voto de calidade, no caso de empate.
c) Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
d) Ordenar os pagamentos acordados validamente.
e) Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos de asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración
do documento do que se trate.
f) Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle, resulte necesaria ou axeitada para a desenvolvemento des súas actividades, sen prexuízo de dar contas posteriormente a Xunta Directiva.
g) Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.
No caso de dimisión ou cese do presidente deberanse convocar eleccións á Xunta Directiva e presidente, que rexeranse polos presentes Estatutos e polo Regulamento de desenvolvemento dos mesmos, no prazo máximo de tres meses.

Artigo 19.- Natureza, composición e elección da Xunta Directiva.

1. A Xunta Directiva é o órgano de goberno que xestiona os intereses da Asociación dacordo coas disposicións e directivas da Asemblea Xeral. Estará composta por un mínimo de cinco e un máximo de quince membros. Será presidida polo Presidente da asociación, e formaran parte dela o Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e o número de Vocais que en cada caso se estableza. O Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro da Xunta Directiva serano tamén da Asociación e Asemblea Xeral.
2. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta,
sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados
en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberan carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.
3. A elección dos cargos da Xunta Directiva corresponde á Asemblea Xeral. A súa duración será por un período de catro anos.
4. Os cargos cesaran na súa función por:
a) Finamento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
b) Renuncia voluntaria.
c) Transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d) Acordo de cesamento de toda ou parte de Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos
asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar o cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día
do sucesor.
As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, seren cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección definitiva pole Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.

Artigo 20.- Reunións e quórum de constitución e adopción de acordos.

A Xunta Directiva reunirase previa convocatoria do Presidente, cunha antelación de non menos de dous días, reunirase unha vez o trimestre e cantas veces o determine a seu Presidente ou a petición de tres dos seus membros. Quedará validamente constituída
cando asista a metade mais un dos seus membros en primeira convocatoria, ou tres deles en segunda convocatoria, e para que os seus acordos sexan validos deberan ser adoptados por maioría de votos dos presentes. No caso de empate, será de calidade o voto do
Presidente ou de quen faga súas veces.
O Secretario ou, no seu defecto, un Vocal que o substitúa, levantara acta des sesións.
As reunións de Xunta Directiva poderán celebrarse por videoconferencia nos mesmos
termos previstos no artigo 12 para as reunións da asemblea.

Artigo 21.- Facultades da Xunta Directiva.

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
1. Programar e dirixir as actividades asociativas.
2. Levar a xestión administrativa e económica da asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
3. Executar os acordos da Asemblea Xeral.
4. Elaborar e someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así coma o estado de contas do ano anterior.
5. Elaborar, no seu caso, o Regulamento de Réxime Interno.
6. Acordar a data da Asemblea Xeral.
7. Propoñer á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
8. Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación, así como Delegados para algunha determinada actividade da Asociación, e xerente e asesores.
9. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
10. Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
11. Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.
12. Calquera outra que non sexa atribuída expresamente a Asemblea Xeral ou Presidente.
Os membros da Xunta Directiva presidiran as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formaran parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 22.- O Vicepresidente.

O Vicepresidente substituirá o Presidente en ausencia deste, motivada por enfermidade ou calquera outro motivo, e terá as mesmas atribucións ca el.

Artigo 23.- O Secretario.

O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actos e expedir certificacións destas có visto e prace do presidente, así coma realizar as comunicacións á Administracion. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

Artigo 24.- O Tesoureiro

O Tesoureiro recadara e custodiara os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento as ordes de pagamento que expida o presidente, levara a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará
ó borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.

Artigo 25.- Os Vocais.

Os Vocais terán as obrigas propias do seu cargo coma membros da Xunta Directiva e realizarán programas e propostas na súe area de actuación.

Artigo 26.- Réxime Electoral.


O Réxime Electoral da Unión das Federacións deportivas Galegas, rexirase polos presentes Estatutos e no Regulamento de desenvolvemento dos mesmos.


Artigo 27.- Eleccións Xunta Directiva e Presidente.


A Xunta Directiva elixirase cada catro anos mediante sufraxio libre, directo e secreto emitido polos membros da Asemblea Xeral, previa presentación de candidaturas formadas por listas pechadas e bloqueadas ca designación dos cargos que se propoñen ostentar ós membros de cada candidatura, sendo elixido Presidente a persoa que encabeza
a lista.
Soamente poderán optar a formar parte das candidaturas a Xunta directiva os membros da Asemblea Xeral.


Artigo 28. Xunta Electoral.


A Xunta electoral será unipersoal e será designada por sorteo público entre tódo los representantes das Federacións membros, o igual co seu suplente, tendo entre os seus
cometidos:
a) Aprobar a calendario electoral.
b) Proclamar e publicar as candidaturas presentadas.
c) Velar polo axeitado desenvolvemento das votacións.
d) Efectuar o reconto de votos, previa identificación dos votantes.
e) Resolver calquera cuestión que afecte directamente ó desenvolvemento do proceso
electoral.
Capitulo V: Réxime Económico e Documental.


Artigo 29.- Obrigas documentais e contables.


A Asociación disporá dunha relación actualizada de asociados. Así mesmo, levara unha contabilidade onde quedara reflexada a imaxe fiel do patrimonio, os resultados, a
situación financeira da entidade e as actividades realizadas. Tamén disporá dun inventario actualizado dos seus bens.
No Libro de Actas, figuraran as correspondentes as reunións que celebren os seus Órganos de goberno e representación.


Artigo 30.- Recursos Económicos.


Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos seus fins e actividades da Asociación sexan os seguintes:
a) As cotas periódicas dos asociados,
b) As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pole Asemblea Xeral.
c) As subvencións e doazóns que puidera percibir de forma legal por parte dos asociados ou de terceiras persoas ou entidades.
d) Os ingresos que poidan percibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
e) Calquera outro recurso licito.


Artigo 31.- Patrimonio Inicial, Réxime económico e peche do exercicio.


A asociación no momento de iniciar as súas actividades non dispón de patrimonio. O peche do exercicio económico coincidira có do ano natural.
A asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de orzamentos será elaborado polo tesoureiro da asociación, que debera telo preparado con dez dias de antelación a Asemblea Xeral Ordinaria. O peche do exercicio da Asociación coincidira con ultimo día do ano natural.
Na Asemblea Xeral Ordinaria aprobarase ou censurarase os orzamentos e as contas do exercicio anterior.

 

Artigo 32.- Sinatura mancomunada contas bancarias.


Para operacións e disposición de fondos das contas que a asociación terá nas entidades bancarias será necesaria a sinatura mancomunada de dúas persoas, o Tesoureiro e o Presidente ou Secretario.

Artigo 33.- Finalidade do Regulamento de Réxime Interno.


O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolvera aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos ou completara as xa contempladas, como o procedemento de Réxime Electoral, ou o Réxime Disciplinario; non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos presentes Estatutos. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

Artigo 34.- Modificación dos Estatutos.


Os presentes estatutos so poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado pola maioría de 2/3 dos asociados presentes ou representados. A proposta de convocatoria debera ir na compaña do texto das modificacións propostas.


Artigo 35.- Acordo de Disolución.
A Asociación disolverase:


a) Pola vontade dos asociados expresada mediante acordo da Asemblea Xeral.
b) Pola imposibilidade de cumprir os fins previstos nos estatutos apreciada polo acordo da Asemblea Xeral.
c) Por sentencia xudicial.
O acordo de disolución adoptarase pola Asemblea Xeral, convocada o efecto, por maioría de 2/3 dos asociados presentes ou representados.


Artigo 36.- Comisión Liquidadora.

Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designara unha Comisión Liquidadora, formada por tres asociados, que xunto o presidente e o tesoureiro, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber liquido resultante.

Se existira haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma, a decidir pola Comisión Liquidadora, que tea iguais ou semellantes fins que os desta asociación ou ben a unha entidade
benéfica.