O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA A SINATURA DOS CONVENIOS ENTRE A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE E AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS QUE NESTE 2019 SE VERÁN INCREMENTADOS NUN 15 %

O Consello da Xunta deu luz verde a 31 convenios de colaboración que o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, asinará coas respectivas federacións deportivas, e que ascenden a un importe de 3.569.289 euros. Estes convenios súmanse aos que non precisan da autorización do goberno galego para a súa sinatura, e que serán tamén asinados nas vindeiras datas. En total, a Secretaría Xeral para o Deporte asinará 58 convenios de colaboración por un importe global de 4.306.002 euros, a dotación económica máis elevada desde o ano 2011, e que posibilitará a realización polas federacións deportivas galegas da súa actividade. Esta partida medra nun 14,74 % con respecto ao destinado en 2018 (3.752.896 euros).

Os 4.306.002 euros son distribuídos atendendo a criterios obxectivos, como son o número de licenzas totais, licenzas femininas e licenzas de deportistas con discapacidade existentes na federación, o número de clubs participantes en competicións oficiais, os de campionatos de España e competicións internacionais organizadas, os deportistas da federación que formen parte das seleccións deportivas, o número de deportistas galegos de alto nivel ou de deportistas de alto nivel da federación ou, entre outros criterios obxectivos, as actividades de promoción e fomento realizadas nas actividades en idade escolar.

Os 31 convenios autorizados na sesión de hoxe son os das federacións deportivas galegas de atletismo (227.099 euros), automobilismo (181.174 euros), bádminton (100.570 euros), baloncesto (248.537 euros), balonmán (185.970 euros), birlos (23.689 euros), boxeo (31.484 euros), ciclismo (188.631 euros), deporte adaptado (76.983 euros), fútbol (248.013 euros), golf (44.573 euros), halterofilia (51.837 euros), judo e deportes asociados (138.079 euros), karate e deportes asociados (64.463 euros), kickboxing (20.955 euros), loita e deportes asociados (109.007 euros), montañismo (28.470 euros), motociclismo (60.354 euros), natación (155.230 euros), patinaxe (55.375 euros), piragüismo (312.141 euros), remo (102.886 euros), rugby (45.155 euros), surf (33.297 euros), taekwondo (177.823 euros), tenis (105.807 euros), tiro con arco (44.699 euros), tríatlon e péntatlon moderno (163.605 euros), vela (244.603 euros), voleibol (86.090 euros) e ximnasia (72.600 euros). Os convenios de colaboración coas 27 federacións restantes -actividades subacuáticas, aeronáutica, béisbol e sófbol, billar, caza, chave, colombofilia, colombicultura, deportes inverno, esgrima, espeleoloxía, esquí náutico, hípica, hóckey, kung-fu, motonáutica, orientación, pádel, pelota, pesca, petanca, salvamento, squash, tenis de mesa, tiro ao voo, tiro olímpico e xadrezserán asinados proximamente.

Outras liñas de colaboración

Neste 2019, e xunto a estes convenios, as federacións deportivas galegas poderán optar a outras liñas de colaboración coa Xunta de Galicia. Primeiramente, as federacións deportivas serán proximamente convidadas á participar dos novos contratos de patrocinio federativos que, dotados con 550.000 euros e grazas á colaboración da secretaría xeral da Igualdade, se destinarán á realización de campañas de sensibilización contra a violencia de xénero e a actividades deportivas e de formación neste ámbito. Asemade, subscribiránse tamén neste ano contratos específicos para a celebración de eventos deportivos de especial relevancia (286.000 euros), e a orde de adquisición de equipamento deportivos que, para esta tempada, se incrementa nun 107 %.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *