O DEPORTE AUTONÓMICO FAI SENTIR A SÚA VOZ NO CONSELLO SUPERIOR DE DEPORTES

• O deporte autonómico entrará no Grupo de Traballo de Impulso do Deporte
• As Unións de Federacións de Andalucía, Aragón, Castela e León, Cataluña, Galicia, Madrid, Murcia, País Vasco e Valencia explican o Plan Marshall ao organismo estatal

Santiago, 12 de maio de 2020. O deporte de base autonómico entrará no Grupo de Traballo de Impulso do Deporte ( GTID) para participar nos plans de recuperación do deporte e a desescalada da práctica deportiva. A mesa de traballo, creada polo Consello Superior de Deportes (CSD), é o órgano encargado de detectar as problemáticas xurdidas como consecuencia da actual crise sanitaria provocada pola COVID-19 e tomar as medidas oportunas para combatelas.

Esta era unha petición que as Unións de Federacións de Andalucía, Aragón, Cataluña, Castela e León, Galicia, Madrid, Murcia, País Vasco e Valencia, manifestou na reunión telemática co CSD celebrada esta mañá. Un encontro que serviu tamén para que as Unións de federacións explicasen o Plan Marshall do deporte, a proposta de 27 medidas que teñen que permitir o sector sobrevivir á crise desta pandemia.

Modelo inspirado na innovación
As propostas do mundo federativo autonómico estiveron moi ben recibidas polo Consello, que se comprometeu a incorporalas aos diferentes grupos de traballo. “Son un bo documento para preparar o sector para o día de mañá”, explicou Mariano Soriano, director xeral do CSD, quen manifestou que o organismo “aposta por un cambio de modelo do deporte inspirado na innovación”, remachou.

Falta de interlocución
A reunión serviu tamén para que as Unións de federacións expresasen a sensación de falta de interlocución co Estado, por parte do deporte autonómico, no proceso de regulación e implementación das fases de desescalada da actividade deportiva e os seus protocolos de actuación consecuentes. O CSD pediu comprensión ao sector deportivo autonómico #ante unha situación complexa e excepcional como a que estamos a vivir. Con todo, máis aló da incorporación do deporte de base autonómico ao GTID, as Unións de federacións e o CSD estableceron os mecanismos necesarios entre as entidades para facer máis eficiente a implementación das medidas que se exporán nas próximas semanas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *