“O DEPORTE FEDERADO GALEGO UNE FORZAS PARA SUPERAR A CRISE CAUSADA POLO COVID-19”

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na xornada, que se desenvolveu a través da plataforma de videoconferencia que a UFEDEGA presentou para o uso de todas as Federacións Deportivas Galegas

Rafael Louzán, presidente da UFEDEGA incidiu na importancia de crear un gran pacto do deporte galego

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2020

O novo portal de videoconferencias da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEGEDA) foi testemuña este mércores dunha interesante xuntanza organizada pola entidade que Rafael Louzán preside. Unha xornada que contou ca presenza de 42 federacións deportivas galegas e que contou con invitados de prestixio como Diego Batalla e Rafael Alonso, especialistas en dereito deportivo e Francisco Soto especialista en dereito fiscal do despacho Garrigues.
O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, e o presidente da UFEDEGA, Rafael Louzán, foron os encargados de inaugurar esta xuntanza de traballo, para a cal estaban convocadas todas as federacións deportivas de Galicia. Tratouse dunha xornada informativa coa que se pretendía aclarar moitas dúbidas no referente á situación das Federación deportivas Galegas ante a crise do COVID-19.
Rafael Louzán, e Bruno López, vicepresidente da UFEDEGA dirixiron a reunión e presentaron unha plataforma de videoconferencias, con dez salas para a utilización de todas as federacións deportivas galegas. O presidente da UFEDEGA declarou que o máis importante nestes momentos é a saúde das persoas e tamén incidiu na importancia de facer un “Gran Pacto do Deporte Galego” apoiado por todas as Federacións e polas administración públicas galegas.
Jose Ramón Lete Lasa confirmou que cerca de corenta Federacións xa cobraron parte ou a totalidade do convenio de colaboración e tamén destacou a importancia de que cada federación elabore o seu protocolo de incorporación á actividade deportiva. O máximo mandatario do deporte en Galicia tamén contestou a todas as cuestión plantexadas polas Federacións.
Na xuntanza tamén participaron activamente Rafael Alonso e Francisco Soto, que resolveron as dúbidas plantexadas por parte dos presidentes federativos.
Finalizou a xornada Rafael Louzán abrindo as portas da UFEDEGA a aqueles presidentes federativos que queiran colaborar coa entidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *