OS PRESIDENTES DAS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS DO SECTOR NÁUTICO SE REUNEN PARA COMPARTIR SINERXIAS

A Unión de Federacións Deportivas Galegas reuniu aos mandatarios das Federacións náuticas que representan máis de 25.000 licenzas de deportistas galegos.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2020. Rafael Louzán, presidente da Unión de Federacións deportivas Galegas, mantivo no día de hoxe unha reunión de traballo cos presidentes das Federacións Deportivas Galegas do sector náutico. Unha das prioridades da UFEDEGA é crear grupos de traballo de federacións deportivas con aspectos comúns, para que se valoren e se traballen con coñecemento de causa, as preocupacións de cada sector, e co amparo e recoñecemento da UFEDEGA se poidan trasladar estas inquedanzas, aos órganos de goberno competentes.

Conscientes da importancia dos deportes relacionados co sector náutico en Galicia, máis de 25.000 licenzas de deportistas, e das particularidades que as Federacións involucradas neste sector teñen, no día de hoxe, a UFEDEGA realizou unha reunión de traballo cos mandatarios das mesmas, na cal participaron os presidentes das Federacións Galegas de; Actividades Subacuáticas, Esquí Náutico, Motonáutica, Piragüismo, Remo, Salvamento e Socorrismo, Surf, Tríatlon e Péntatlon moderno e Vela.

O obxectivo desta reunión foi valorar en que situación se atopa cada federación e agrupar forzas de cara a nova normalidade deportiva.

Unha das grandes preocupacións deste grupo de traballo está relacionada ca pouca consideración que se tivo cos deportistas náuticos no plan de desescalada da práctica deportiva.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *