
Traballando pola saúde dos deportistas
A Unión de Federacións Deportivas Galegas, puxo en marcha unha interesante iniciativa enfocada a velar pola saúde e a seguridade dos nosos deportistas. Adestradores, deportistas e directivos tiveron a oportunidade de recibir esta formación que pode resultar determinante para a prevención de lesións.
E a tenor da acollida que tivo a iniciativa está claro que o deporte galego está necesitado e desexoso desta formación. O Dr. Cota, o Dr. Arriaza e Ignacio González, foron os responsables de impartir esta formación.
O Vicepresidente Bruno López deu a benvida e as gracias ós participantes e destacaron o interes que ten a UFEDEGA en ampliar a formación en esta importante materia por toda Galicia.