Cardioprotección en instalacións deportivas 
O síncope dun deportista no terreo de xogo é un acontecemento alarmante que ademais pode ser grave e acabar nunha morte súbita.A taquicardia ventricular e a fibrilación ventricular recoñécense entre as principais causas de morte súbita dos deportistas. Nestes casos o rápido inicio dunha reanimación cardiopulmonar xunto coa aplicación dos desfibriladores automáticos demostraron mellorar enormemente a supervivencia nos deportistas que sofren un síncope.

A formación en reanimación cardiopulmonar (RCP) do persoal das instalacións deportivas e ata dos propios deportistas é unha política preventiva moi importante, xa que son eles os que poden e deben actuar como primeiros intervinientes ata a chegada dos servizos de urxencia.

Para a UFEDEGA a prevención da morte súbita é unha actuación prioritaria e é por iso polo que desenvolveu este proxec co obxectivo de concienciar e formar en RCP a todas aquelas persoas que están involucradas no ámbito deportivo.