A Xunta recorda a Pablo Hinójar como “unha persoa que revolucionou a ximnasia en Galicia e cuxo legado é infinito”

O secretario xeral para o Deporte asiste á I Gala Homenaxe a Pablo Hinójar e recorda que a Xunta entregaralle a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia a título póstumo. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe na I Gala Homenaxe a Pablo Hinójar, adestrador de ximnasia […]
Lete Lasa destaca que os máis de 200 premios entregados pola Federación de Ciclismo na súa gala amosan o excelente nivel do noso deporte

Enumera os grandes fitos de 2024 como o ránking elite con dous equipos galegos nos tres primeiros postos, as catro etapas galegas da Vuelta, a nova edición do Gran Camiño, a medalla nos Xogos de Damián Ramos e o Campionato de Europa de Ciclocrós de Pontevedra. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete […]
Lete Lasa pon en valor o gran momento que en Galicia viven o deporte feminino e os deportes urbanos coa presentación do Club Baloncesto Vigo 3×3

O club nace da iniciativa de Luis Guimeráns e conta cunha formación 100% galega composta por María Lago, Carla Fernández, Sara Fernández, Tatiana Casal e Laura Martínez. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na tarde de hoxe na presentación do Club Baloncesto Vigo 3×3, o único equipo galego que disputa […]
JAVIER NOGUEIRA, NOVO PRESIDENTE DA UNIÓN DE FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS

O ex-presidente da Federación Galega de Caza levará o temón da UFEDEGA durante os vindeiros catro anos.
Campionato Galego de Equipos Veteranas +40 2024

Rematou o Campionato Galego de Equipos de Veteranas +40 2024. As veteranas do Casino Ferrolano foron as vencedoras da categoría de honra. Equipos campións e finalistas por divisións: Campioas División de Honra – Casino Ferrolano TC (A) Finalistas División de Honra – CC Mercantil I. de Vigo (B) Campioas de Primeira División – CC Mercantil […]
De la Puente campión de dobres e finalista de individuais no Victorian Wheelchair Open

Martín De la Puente comeza o ano con bos resultados. Converteuse en campión de dobres e finalista na proba individual no International Victorian Wheelchair Open, en Melbourne. O vigués venceu na segunda rolda a Mohamad Yusshazwan Yusoff (MAS) cun resultado de 6-3 6-0, en cuartos impúxose por 7-5 6-0 a Alexander Cataldo (CHI) e en […]
Javier Méndez Varela finalista no ITF MT200 Manacor

O xogador do Club Tenis A Tobeira, Javier Méndez Varela, conseguiu ser finalista do Torneo Internacional Senior MT200 de Manacor, celebrado do 30 de decembro ao 5 de xaneiro de 2025 na Academia Rafa Nadal. Javier logrou chegar á final da proba +55, eliminando a Carl Molinero (SWE) 3-6 6-2 10-6, a Alberto Castillo (ITA) […]