O xogador do Club Tenis A Tobeira, Javier Méndez Varela, conseguiu ser finalista do Torneo Internacional Senior MT200 de Manacor, celebrado do 30 de decembro ao 5 de xaneiro de 2025 na Academia Rafa Nadal.
Javier logrou chegar á final da proba +55, eliminando a Carl Molinero (SWE) 3-6 6-2 10-6, a Alberto Castillo (ITA) 6-1 6-0 e a Thomas Scherk (GER) 6-1 6-0.
Na final perdeu ante o alemán Maik Emmermann.