Póñense en marcha os grupos de traballo por especialidades na UFEDEGA

 

Un dos obxectivos da nova Xunta Directiva da UFEDEGA é crear grupos de traballo de Federacións con características deportivas similares.

O pasado 11 de maio, se reuniron por primeira vez os deportes náuticos e de auga, composto polos presidentes das Federacións Galegas de ; Actividades Subacuáticas, Esquí Náutico, Motonáutica, Piragüismo, Remo, Salvamento e Socorrismo, Surf, Tríatlon e Péntatlon moderno e Vela.

Estas mesmas federacións a solicitude da UFEDEGA se reuniron coa Delegación de Goberno o 19 de maio e coa Secretaría Xeral para o Deporte o 20 de maio.

A reunión das Federacións de deportes de loita foi o 13 de maio de 2020, participaron os presidentes de Boxeo, Esgrima, Judo, Karate e d.a., Kickboxing, Loita e d.a. e Taekwondo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *