Tras a benvida do presidente ós asistentes, a asemblea continuou co “Informe do Presidente” no cal se presentou respectos a falecida Carmen Barro Pita, presidenta da Federación Galega de Karate e membro da Xunta Directiva da UFEDEGA. Neste punto o presidente tamén expuxo a asemblea todas as melloras e propostas realizadas pola UFEDEGA desde a xestión desta nova Xunta Directiva.